IMAXDI é unha enxeñería de base tecnolóxica (EBT) especializada na xestión da tecnoloxía e da innnovacion, que xurde coma unha spin-off do departamento de I+D+i de AYCO INTERNET - empresa con mais de 10 anos de experiencia no sector das TIC.

O noso obxectivo é axudar a impulsar a innovación das empresas aplicando o concepto do círculo de innovación. Este concepto comeza cunha idea empresarial dirixida a desenvolver un producto ou servicio e finaliza coa posibilade de aplicala idea ó mercado a través de diferentes canles. As opcións,o tipo de servicio requerido e o grado de colaboración, depende das necesidades de cada proxecto.

O noso brand slogan "REAL INNOVATION" é para nós un compromiso coa efectividade e coa innovación real e aplicable ó mercado, trasladando ós axentes financeiros (axudas administración, promotores de innovación e bussines angels) a viabilidade do proxecto, axudando á correcta execución do mesmo e proporcionando, se fose necesario, a enxeñería e o desenrrolo tecnolóxico máis adecuado ós obxectivos plantexados.

DinaQOS
Este proxecto está dirixido a desenvolver un esquema que proporcione calidade de servizo (Quality of Service, QoS) sobre redes IP a gran escala con prioridades de fluxos que varían agresivamente no tempo. Os resultados deste proxecto proporcionarán unha infraestrutura de aplicación directa a contornas nos que a transmisión de datos debe de prioriza...

ATOM
Airport detection and Tracking Of dangerous Materials by passive and active sensors arrays (ATOM), é un proxecto dentro do 7º programa marco dirixido á obtención dun sistema intelixente de detección e seguimento de ameazas en aeroportos sen necesidade da colaboración dos pasaxeiros.

mCARDIO
mCARDIO é un proxecto dirixido ao deseño dun sistema integral de telemonitorización cardiolóxica sobre redes vehiculares e con itinerancia transparente para vehículos de emerxecias médicas, que conta co aval do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do Plan Avanza I+D+i

IMAX:DATA, desc&ubreo connosco!
© imaxdi, 2009. aviso legal